Luis López eloxia o labor do tecido veciñal ante centos de persoas no segundo encontro +Convivir

O presidente da Deputación participou en Cambados na segunda xornada deste programa provincial xunto a centos persoas integrantes de asociacións veciñais do Salnés
Luis López y demás autoridades participando en el programa +Convivir de Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Luis López y demás autoridades participando en el programa +Convivir de Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salientou a importancia do movemento veciñal para a dinamizar a vida social e cultural na provincia de Pontevedra e reafirmou o compromiso do goberno provincial para seguir apoiando as numerosas e diferentes actividades que promoven estes colectivos na celebración na Cultural de Cambados da segunda xornada do programa +Convivir, unha actividade deseñada para poñer en valor o labor do movemento veciñal cunha festa na que participaron máis de 300 persoas implicadas en distintas asociacións veciñais da comarca do Salnés.

“Mentres en épocas anteriores as asociación veciñais estaban esquecidas e mesmo parecía que estorbaban. Agora é todo o contrario, contamos con vós, poñemos recursos á vosa disposición e queremos camiñar con vós para construír unha provincia mellor, máis xusta, integradora e unida”, afirmou o mandatario provincial na apertura desta xornada celebrada na tarde de sábado, que contou coa colaboración da Mancomunidade do Salnés.

Despois de que o presidente Luis López, acompañado polo deputado Javier Tourís e a vicepresidenta da Mancomunidade do Salnés, Sabela Fole, dera á benvida aos centos de participantes, as actividades deron comezo arredor das 16.30 horas cunha charla sobre o alzhéimer a cargo do persoal da Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer do Salnés (AFASAL). A programación continuou cun obradoiro de risoterapia seguido dunha clase de traballo funcional. A festa concluíu arredor das 20.30 coa degustación dun viño e un pincho que puxo o broche douro a unha festa que serviu para poñer en valor a importancia de vivir en comunidade.