A cativada pon o broche de ouro ao programa 'Sanxenxo Fala'

O parque de Punta Vicaño acolleu este venres unha lectura de textos en galego con escolares
Un momento da actividade. DS
photo_camera Un momento da actividade. DS

Sanxenxo Fala puxo este venres o broche de ouro á súa programación de actividades con epicentro no parque de Punta Vicaño, que foi o escenario dunha lectura de textos en galego por parte de escolares de 4º curso de Primaria. Na convocatoria, no marco de 'Mar de letras', participaron nenos e nenas dos centros educativos de A Florida, Abrente e Portonovo.

Alumnado en Punta Vicaño. DS
Alumnado en Punta Vicaño. DS

As concelleiras de Educación, Nati Parada, e de Cultura, Elena Torres, acompañaron na lectura ao aire libre ao alumnado e docentes cun fragmento de As chaves do tempo de Luisa Villalta e de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Cada centro tivo dez minutos para ler os textos elixidos previamente coa única condición de que estiveran escritos en galego. No caso do colexio de Portonovo, cambiaron as lecturas por regueifas, e tampouco faltou a música, posto que o alumnado da Escola de Música tocaron unas pezas durante a actividade. 

A edil Nati Parada. DS
A edil Nati Parada. DS

A conta delas, a cargo de Cris de Caldas na Biblioteca de Portonovo e o espectáculo cómico musical Pais, fillos e outras bicherías, con Pepo Suevos, Manuel Manquiña e Dani Dopazo, no Auditorio Emilia Pardo Bazán, completan a xornada.