O regreso das Festas dos Duráns obrigan a desviar o tráfico na fin de semana

O entorno da estación quedará libre de circulación o venres, sábado e domingo pola noite
Directivos das Festas de San Pedro dos Duráns co cartel. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Directivos das Festas de San Pedro dos Duráns co cartel. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As recuperadas festas do popular barrio dos Duráns, neste caso dedicadas a San Pedro, obrigarán a restrinxir o tráfico durante o venres, sábado e domingo nunhas horas determinadas. A zona afectada é a contorna da estación de autobuses, que acollerá as verbenas e a festa infantil.

Deste xeito, os que dende a praza de Xoán XXIII queiran dirixirse á Torre e Trabanca deberán subir pola rúa Duráns e continuar por Eduardo Pondal para conectar con López Ballesteros, deixando atrás a estación de autobuses. Quen desexe facer o traxecto contrario, é dicir de Trabanca e A Torre cara ao Concello, terá que coller Eduardo Pondal para baixar logo por Pablo Iglesias, desembocando na rotonda trala praza de Xoán XXIII.

As restricións de tráfico estarán vixentes o venres e sábado de 22.30 horas a 03.00 da mañá a causa das verbenas, e o domingo de 17.00 a 22.00 horas, para facilitar a facilitar a celebración da festa infantil programada pola asociación de veciños.

Programación de las Festas de San Pedro dos Duráns

O venres 28 haberá obradoiros de Taekwondo e zumba, ademáis dunha exhibición de baile moderno e a verbena, ás 23.00 horas, amenizada por Los Lunes al Sol. O sábado 29, ás 10 da mañá celebrarase a tirada de bombas anunciadoras do inicio das festas, e un posterior pasarrúas e alborada. Ás 12.00 horas terá lugar unha sesión vermú e xa pola tarde, celebrarase o festival de fin de curso pola academia Escola Coda. Pechará a xornada a verbena amenizada polo Grupo M5.

A fin de semana de festa pecharase o domingo con outra sesión vermú, ás 13.00 horas, coa actuación previa da Banda Municipal de Música, dende as 12.00 horas, e cun espazo para os máis cativos do lugar xa pola tarde, dende as 17.00 horas, no que haberá colchonetas e festa da escuma.