A Deputación supervisa os traballos de conservación e mellora no firme nas Aceñas

A deputada provincial Isabel Couselo recorreu o tramo de preto de 1,5 quilómetros no que se está a renovar o pavimento e mellorar a plataforma e para os que se invisten máis de 730.000 euros
Visita de Isabel Couselo ás obras na estrada provincial de As Aceñas en A Illa de Arousa. DS
photo_camera Visita de Isabel Couselo ás obras na estrada provincial de As Aceñas. DS

A Deputación de Pontevedra está a executar traballos de conservación e mellora do firme na estrada provincial EP-9802 As Aceñas da Illa de Arousa. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, recorreu o tramo de preto de 1,5 quilómetros no que se está a executar a actuación, enmarcada no acordo marco de conservación de firmes na rede viaria da Deputación que ascende a 4,5 millóns de euros.

Segundo destacou Couselo, as obras na Illa de Arousa teñen por obxectivo manter a capacidade portante do firme, coa renovación da capa de rodadura e a reforma dos pasos de peóns elevados nunha área de 1.000 metros cadrados. Ademais, a actuación tamén vai resolver deficiencias da plataforma que viñan senda demandas pola veciñanza da zona desde fai tempo. 

Isabel Couselo lembrou que esta é só unha das actuacións incluídas no acordo marco de obras de conservación de firmes que ascende a 4,5 millóns de euros e que, no que respecta á zona na que se sitúa a Illa de Arousa, o lote 3, supón un investimento de máis de 730.000 euros.  Nestas semanas está previsto que se realicen traballos contemplados no lote 3 do acordo marco nas estradas provinciais EP-9701 Baión-András (Vilanova), na EP-9497 A Goulla-Porráns (Portas) e nas EP-9403 Santo Tomé-San Salvador e EP-9406 Galles-A Armenteira polo Concello de Meis.