O GDR Salnés Ulla Umia suma unha inversión de 13 millóns de euros co LEADER 2014-2020

Na asamblea celebrada presentouse información dos 224 proxectos realizados dende o inicio do programa
Asamblea Xeral do GDR Salnés-Ulla-Umia
photo_camera Asamblea Xeral do GDR Salnés-Ulla-Umia

O GDR Salnés-Ulla-Umia celebrou a súa décima Asamble Xeral coa aprobación das contas anuais 2023, o informe de seguimento e avaliación, memoria de actividades e a toma de acordos para as próximas anualidades. 

Nesta reunión contouse coa asistencia de Mulleres rurais de Ribadumia, BATA de Vilagarcía de Arousa, asociación Batuqueiro, Arousa Moza, AECC de Sanxenxo, a CMVMC de Noalla, coa deputada provincial, Isabel Couselo, o alcalde de Cambados, Samuel Lago, o alcalde de Portas, Ricardo Martínez e moitos máis persoas tanto do sector institucional como asociacións. 

Así, presentouse información dos 224 proxectos que se realizaron durante seis anos, dende o inicio do programa LEADER 2014-2020. Esta bolsa de proxectos representa máis de 13 millóns de euros de inversións repercutida nas comarcas da zona e acadaron unha axuda de case 2,9 millóns de euros.