Ribadumia acollerá unha nova edición do programa 'Coidados porta a porta'

O autobús visitará o noso municipio os días 13, 16 e 17 de outubro, e estará situado na Rúa Párroco Valiñas
Coidados Porta a Porta. XUNTA
photo_camera Coidados Porta a Porta. XUNTA

O Concello de Ribadumia volve acoller o programa Coidados porta a porta, que se levará a cabo a través da instalación dun autobús na Rúa Párroco Valiñas os días 15, 16 e 17 de marzo. 

O programa está destinado a persoas maiores de 55 anos e é de carácter gratuíto. As interesadas en participar deberán pedir cita previa, e anotarse a través de chamada telefónica (622 748 283 / 623 546 992) ou de correo electrónico ([email protected]). 

Esta iniciativa céntrase nos servicios de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. A estimulación cognitiva e funcional que fomentan estas accións procura unha incipiente mellora en canto á calidade de vida das persoas, así como á súa socialización. Ademais supón paliar e predicir posibles complicacións médicas.