A Campaña 'Galicia sabe Amar' arranca en Sanxenxo

As foodtrucks estarán na Praza dos Barcos, no Parque de Panadeira, na Praza Pública de Vilalonga e no mercado de Portonovo
Alfonso Villares, Telmo Martín e membros do goberno nunha das foodtrucks. GONZALO GARCÍA
photo_camera Alfonso Villares, Telmo Martín e membros do goberno nunha das foodtrucks. GONZALO GARCÍA

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e outros membros do goberno inauguraron a cita culinaria na Praza dos Barcos. Dende a administración autonómica pretenden continuar co obxectivo de reforzar a extraordinaria calidade dos produtos mar-industria. 

En Sanxenxo a campaña 'Galicia Sabe Amar' estará presente en catro puntos, a Praza dos Barcos, o Parque da Panadeira, a Praza Pública de Vilalonga e o mercado de abastos de Portonovo, nestes se pretende promocionar os distintos produtos do mar e reverter así o descenso de inxesta de artículos pesquerios e acuícolas. 

"Este ano non sairemos de Galicia, queremos facer campañas de promoción para que a xente siga consumindo pescado e demandamos e esperamos que o Estado faga o mesmo a nivel nacional", explicaba o conselleiro do Mar ao Diario de Pontevedra. 

Esta iniciativa nace da Conselleria do Mar e ten un orzamento de máis de 1.200.000 euros, cofinanciados nun 70% polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura). Cunha duración de 20 meses as foodtrucks estarán tamén en Ponteceso, Oia, Castro de Rei, Mañón, Ortigueira, Ponteareas, A Pastoriza, O Pino, Oimbra, Boqueixón, O Vicedo, A Estrada, Boborás, Marín, Laxe, Porto do Son, Malpica, Laraxa, Monterroso, Cabanas, Vilanova de Arousa, Avión, Bande, Rábade, Folgoso do Courel, Cabana de Bergantiños, Triacastela, Cervo, Riotorto, A Guarda, Riberia, Poio, Ribadeo, Noia, Sober, Xove, Cospeito, Cariño e Arteixo no mes de agosto.