Abre o prazo para a instalación de atraccións ou postos de ventas en Vilagarcía

Con motivo das festas de San Roque, a partir deste venres e ata o 2 de agosto, poderase solicitar na Sede Electrónica a instalación destas
Fachada do Concello de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA.
photo_camera Fachada do Concello de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA.

A Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa abre este venres o prazo de solicitude para a instalación de postos de venta e atraccións durante as festas de San Roque deste ano. 

As persoas interesadas deberán realizar o trámite o día 19 de xullo e o 2 de agosto a través da sede electrónica sede.vilagarcia.gal, cubrindo os formularios que se poden atopar ou no taboleiro da web www.vilagarcia.gal, e presentándoos xunto coa documentación que se indica nos mesmos. 

Como xa é habitual en Vilagarcía, as atraccións da feira emprazaranse na TIR, segundo a distribución que se estableza dende o Concello. Os postos de venta de roupa, bisutería, complementos, alimentos e demais distribuiranse polos corredores do Parque Miguel Hernández. 

Estes poderán comenzar a instalarse o luns 12 de agosto e deberán estar en funcionamento do 14 ao 25 de agosto, ambos días incluídos. 

Rematadas as festas, o desmontado das instalacións e desaloxos dos espazos deberá realizarse entre o luns 26 e o mércores 28 de agosto.

HORA SILENCIOSA. Como acontece dende o ano pasado, as atraccións están obrigadas a funcionar en silencio unha hora ao día, de 19.00 a 20.00 horas, para favorecer o seu uso por parte de persoas con diversidade funcional. 

Para máis información, os interesados pódense dirixirse por correo electrónico ao departamento de Cultura ([email protected]).