Alberto Avendaño, pregoeiro das festas de San Roque 2024

O escritor e xornalista conta con galardóns máis importantes da prensa hispana e con tres premios Emmy
Alberto Avendaño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Alberto Avendaño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O escritor e xornalista Alberto Avendaño será o pregoeiro das festas de San Roque 2024, en Vilagarcía de Arousa. 

Este xornalista nado en Vigo pero afincado na vila arousana, conta cos galardóns máis importantes da prensa hispana en Estados Unidos e con tres premios Emmy. Viviu trinta anos no país norteamericano s e traballou para xornais tan recoñecidos como The Washigton Post. 

Como escritor, conta con dous Premios Barco de Vapor en Galicia en literatura para mozos. Colabora en medios de comunicación como Diario do Salnés e Diario de Pontevedra.

A festa comezará no mediodía

O pregón, que abrirá os 12 días de festa, será o mércores 14 de agosto ás 20.30 horas. Despois da benvida ao San Roque 2024, haberá o tradicional desfile de asociacións e colectivos que farán unha ofrenda floral ao santo diante da igrexa, e xa pola noite, ás 22.30 horas será o primeiro dos grandes concertos da festa, Guadi Galego, que virá seguida de La Duendenta na Alameda a partir das 23.30 horas.