A Asociación de Mulleres de Fontecarmoa realizará este xoves a ruta da cultura mariñeira

A actividade encádrase dentro da programación de En Ruta coa Depo na que participan preto de 400 persoas
Illa de Tambo. ADP
photo_camera A Asociación poderá visitar a Illa de Tambo. ADP

A Deputación de Pontevedra organiza os próximos días sete saídas no marco do programa provincial En Ruta coa Depo, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial. Entidades dos concellos de Cangas, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Silleda, Tomiño e Covelo mobilizarán preto de 400 persoas (378 participantes, 54 cada entidade) para coñecer emblemas da provincia como o santuario de Santa María da Franqueira na Cañiza, a illa de Tambo, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, o barrio mariñeiro vigués do Berbés ou pasear pola ría de Arousa en barco.

En canto a Vilagarcía, a Asociación de Mulleres Rurais de Fontecarmoa terá a oportunidade de realizar, o xoves 24 de agosto, a ruta da cultura mariñeira, que inclúe unha visita ao Mosteiro de Poio, a illa de Tambo e o núcleo de Combarro.