'Son da Casa!' vende os primeiros 300 bonos na Praza II República

Cada persoa maior de idade poderá adquirir un máximo de dous packs de bonos que poderá gastar nos máis de 220 establecementos adheridos á campaña ata o 16 de xaneiro ▶ Cada lote de bonos custa 20 euros e permite facer compras por importe de 30 grazas aos 10 que pon o Concello

Presentación dos bonos. CONCELLO
photo_camera Presentación dos bonos. CONCELLO

A campaña de Nadal dos bonos Son da Casa! arrincou o sábado 3 de decembro. Os bonos compra subvencionados polo Concello pódense adquirir de forma online a través da páxina web. Malia isto, como en anteriores edicións, para facilitar a adquisición ás persoas que non se manexen coas novas tecnoloxías ou non as teñan a súa disposición, a Concellería de Promoción económica habilitou o punto de venta física  no marco do mercado de Nadal instalado na Praza da II República. Nesta primeira xornada poranse á venta 300 bonos en horario de 11 a 13.30 horas. Para a compra debe presentarse o DNI do comprador. Tanto na compra física como na online, cada persoa maior de idade poderá adquirir un máximo de dous packs de bonos.

Os lotes custan 20 euros e permiten facer compras por importe de 30 grazas ao 10 euros que aporta o Concello. Os bonos poderanse gastar nos máis de 200 establecementos comerciais, de hostalaría e pequenos negocios de Vilagarcía que están adheridos á campaña. A oferta é moi ampla, xa que participan dende tendas de aliment ación, calzado, téxtil, complementos e perfumerías; ata ferraxerías, tendas de música, perruquerías, carpinterías e paxarerías; pasando por clínicas de fisioterapia ou tendas de informática, bares e restaurantes). Todos eles identificaranse co logo da campaña no escaparates e tamén se pode consultar a lista completa na web do Son da Casa!.

Na que xa é a quinta edición da campaña de bonos, o Concello volve a poñer á venta 3.750 packs de bonos co obxectivo de incentivar o consumo no comercio e hostalería local e dinamizar a economía da cidade tras os efectos negativos causados a consecuencia da pandemia e da crise económica e para axudar aos cidadáns a afrontar un pouco mellor as compras de Nadal e o incremento xeneralizado dos prezos.