Carril estrea os seus novos Xigantes e Cabezudos

Unha nena e un cura son as novas figuras que se unen ao grupo, agora composto por sete xigantes
Os novos Cabezudos de Carril, á esquerda e á dereita, xunto a todo o conxunto. ANTONIO CAEIRO
photo_camera Os novos Cabezudos de Carril, á esquerda e á dereita, xunto a todo o conxunto. ANTONIO CAEIRO

A parroquia de Carril presentou este mércores as novas figuras que compoñerán os seus Xigantes e Cabezudos. Entre elas atópase unha nena con Síndrome de Down, obra do escultor Platis e unha figura que asemella ser un cura. A figura da nena, está inspirada nunha nena real, que estivo presente na presentación das novas esculturas.

Juan Carlos Platis é un artista de Vilaxoán recoñocido artista no mundo dos Xigantes e Cabezudos, ademais de realizar tamén traballos de pintura, destacables por ser costumista ou abstracta

Durante o acto recibiu unha homenaxe Manolo Bóveda, xenio, por tradición familiar, xunto a súa muller, María Josefa Mulet, na creación, cuidado e vestimenta das figuras clásicas. 

Así, con estas dúas novas figuras, componse un grupo de sete Xigantes e Cabezudos que animarán as próximas festas do Apóstol polas rúas de Carril.