Lorenzana pon en valor a resiliencia de empresas como Thune Eureka en Vilagarcía

A conselleira destacou a súa aposta pola innovación na fabricación de bens de equipo e pola internacionalización
Celebración do 50 aniversario da entidade. GONZALO GARCÍA
photo_camera Celebración do 50 aniversario da entidade. GONZALO GARCÍA

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu este sábado á celebración do 50 aniversario de Thune Eureka, unha empresa referente no seu sector, dixo, que considerou un exemplo de resiliencia, experiencia e capacidade de adaptación.

Lorenzana destacou a súa aposta pola innovación na fabricación de bens de equipo, e pola internacionalización, con clientes nos cinco continentes. Un obxectivo común a todo o tecido empresarial, asegurou, como tamén o é a eficiencia enerxética, a sustentabilidade e a formación.

A conselleira salientou as previsións de crecemento da economía galega que manexa a Xunta –por riba do 2% en 2024–, e quixo enmarcar aí o esforzo que está a facer o tecido empresarial galego por seguir aprendendo, reinventándose e adaptándose ás esixencias do actual escenario económico. "Se ás nosas empresas lles vai ben a Galicia iralle ben", dixo, comprometendo tamén o traballo da Xunta por propiciar ás pemes galegas un contorno de mellora continua na economía verde e dixital.