Vilagarcía e Zona Aberta presumen da súa feira de oportunidades

O alcalde Alberto Varela, acompañado polo concelleiro Álvaro Carou e dúas representantes de Zona Aberta, visitou este venres a Expoferta
Alberto Varela este venres na Feira de Oportunidades. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Alberto Varela este venres na Feira de Oportunidades. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, visitou este venres a Feira de Oportunidades Expoferta, situada na Praza da II República e organizada por Zona Aberta. Xunto a rexidor acudiron o edil de Promoción Económica, Álvaro Carou, e dúas representantes da entidade organizadora.

Desde Zona Aberta agradeceron "la colaboración de los órganos institucionales" nesta decimoséptima edición da Feira de Oportunidades, que abrirá ata o domingo 6 de agosto en horario de 11.00 a 14.30 e de 18.30 a 22.30. Expoferta reúne a 18 comercios locais, cifra que supón un aumento respecto as edicións anteriores, coas novidades dunha tenda para mascotas e unha óptica.

Zulema Fresco, representante da organización, comentou que é unha perfecta iniciativa para "vender todo el 'stock' de la campaña a precios inmejorables" e animou a xente para que acuda a Feira "a pesar del buen tiempo". "Tenemos unos horarios muy amplios para facilitar que la gente venga", afirmou Fresco.

O alcalde do Concello compartiu esto último e apuntou que "hai tempo para todo". "É unha oportunidade magnífica para aproveitar o noso magnífico comercio local, que é a envexa de calquera cidade de España", engadiu Varela. O rexidor agradeceu "a gran actividade que ten Zona Aberta, xa que é moi importante para o conxunto de Vilagarcía" e tamén quixo dar valor "aos prezos súper competitivos que convirten Expoferta nunha tradición".