O bonito, protagonista das Xornadas Gastronómicas do Grove

Emgrobes presentou este mércores os 7 restaurantes que farán elaboracións con este peixe pouco común no municipio como protagonista
Presentación das Xornadas Gastronómicas do Bonito en O Grove. DS
photo_camera Acto de presentación das Xornadas Gastronómicas do Bonito en O Grove. DS

A asociación de empresarios Emgrobes, dentro do seu obxectivo de incentivar e promocionar a economía local, presentou este mércores nos xardíns do hotel Bosquemar as Xornadas Gastronómicas do Bonito, dentro do campaña que xa iniciou a principio de ano baixo o nome de Sabores do Grove, na que se están desenvolvendo en diferentes restaurantes e taperías socias varias xornadas gastronómicas desestacionalizadoras. Á presentación acudiou tamén o alcalde, José Antonio Cacabelos, ademáis de responsables dos establecementos participantes e varios directivos de Emgrobes.

Na edición deste ano o protagonista será o bonito, xa que os 7 restaurantes participantes adicarán parte do seu menú ou as súas suxerencias a este peixe, moito menos común nos fogóns das cociñas de O Grove que outros peixes ou mariscos.

A idea é facer algo diferente ó que habitualmente teñen os establecementos na carta, para chamar a atención de clientes e visitantes amantes da boa gastronomía e de probar diferentes formas de preparación dos produtos promocionados, neste caso o bonito.

O Restaurante do Hotel Bosquemar, a terraza O Castro (ambos en Reboredo), a Punta Vendaval que é o do Hotel Louxo da Toxa, e varios restaurantes no centro como O Canta Claro do Hotel Vilavella, o Bruma, o 48 da Platería e a tapería Plaza anímanse a participar nestas xornadas e realizar diferentes preparacións para poder degustar os tres día (7-8-9 de xuño), previa reserva.

Emgrobes adicionalmente realizará diferentes actos promocionais como unha degustación de petiscos con bonito que preparará o Obradoiro de Hostalería da Lanzada o próximo día 5 de xuño, ou actuación de grupos de música tradional durante a fin de semana para animar as rúas, ademáis de preparar un menú saudable para os colexios do municipio meco o día 7 de xuño dentro das datas da propias xornadas e en colaboración co catering Galicia Na Túa Mesa. Faranse ademáis sorteos entre os clientes dos establecementos e nas RRSS.