A proxección de 'Valentina' chega este xoves ao Auditorio do Grove

Máis de 400 escolares de tres centros educativos da vila desfrutarán deste filme dirixido por Chelo Loureiro que se proxectará ás 11.30 horas
Valentina. DS
photo_camera Valentina. DS

O Auditorio do Grove acollerá este xoves 26 de outubro a proxección do filme de animación Valentina ao abeiro da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. A sesión para a exhibición desta película, dirixida por Chelo Loureiro e finalista nesta categoría dos premios, terá lugar ás 11.30 horas e desfrutarán dela máis de 400 escolares de tres centros educativos da vila.

O filme amosa a historia de Valentina, unha nena que soña con ser trapecista, pero que cre que nunca poderá conseguilo por ter a síndrome de Down. A película está tamén producida por Chelo Loureiro, xunto a Noa García, Brandán de Brano, Mariano Baratech e Luís da Matta, e conta coas voces de Andrés Suárez, María Manuela, Uxía e Pilocha, entre outras, cunha banda sonora obra de Nani García.