Os bonos Son da Casa! poderanse gastar ata o luns 23 de xaneiro

A Concellería de Promoción Económica amplía o prazo unha semana máis do previsto para facilitar as compras dos máis rezagados
Un dos establecementos adheridos á campaña 'Son da Casa!'. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Uno de los establecimiendos adheridos a la campaña Son da Casa!. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Concellería de Promoción Económica decidiu ampliar unha semana máis o prazo para gastar os bonos Son da Casa! da campaña de Nadal que inicialmente remataba o 16 de xaneiro. Deste xeito, as persoas que aínda teñan no seu poder algún bono poderán utilizalo ata o seguinte luns, 23 de xaneiro, en calquera dos máis de 200 establecementos adheridos a esta iniciativa municipal que beneficia tanto aos clientes, como aos comerciantes e hostaleiros da cidade.

A quinta edición dos bonos "Son da Casa!" subvencionados polo Concello de Vilagarcía arrancou o pasado 3 de decembro, tras catro campañas anteriores moi exitosas. Ao igual que nelas, nesta ocasión puxéronse á venta 3.750 packs cos que incentivar o consumo no comercio e hostalería local e dinamizar a economía da cidade. Cada pack de bonos adquiríase por 20 euros, pero permite facer compras por valor de 30 euros grazas aos 10 euros que aporta o Concello en cada lote.

Nesta edición, a venta dos bonos foi aínda máis rápida que nas anteriores, esgotándose aos 12 primeiros días do inicio da campaña. A estas alturas, e coa campaña de Nadal rematada e as rebaixas xa avanzadas, máis do 95% dos bonos xa foron consumidos nos establecementos adheridos. Malia isto, para que os máis rezagados non perdan o investido e teñan a oportunidade de utilizados nas súas compras, así como para que o comercio e hostalaría tamén se poidan beneficiar deste último tirón, o Concello amplía o prazo ata o día 23.

Os bonos Son da Casa! supoñen un gran revulsivo para a economía da cidade ao xerar actividade por importe de 200.000 euros en cada unha das súas edicións. O retorno das cinco edición realizadas ascende 1 millón de euros.