Doce empresas puxan por realizar o ensancha da Rúa Fernández Florez

O prezo de licitación é de 214.220 euros e preténdese realizar a substitución e mellora das redes de saneamento de augas
Fachada del Colegio de O Piñeiriño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fachada del Colegio de O Piñeiriño. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O ansiado ensanche do acceso ao populoso barrio do Piñeiriño a través da rúa Wenceslao Fernández Flórez en Vilagarcía acaba de dar un novo paso para a súa adxudicación. A mesa de contratación xa abriu as ofertas das doce empresas interesadas. Os servizos técnicos están valorando cada unha delas e nos próximos días farán a súa proposición de adxudicación. Quen resulte elixido terá catro meses para executar as obras. O prezo de licitación é de 214.220 euros, pero é probable que a cantidade final sexa inferior e que se introduza algunha mellora.

En todo caso, dende o Concello aseguran que antes de que remate o ano o Piñeiriño verá ampliado ese acceso dende a rotonda que une o tramo final da circunvalación do porto e as avenidas de Cambados e Valle Inclán. Para realizar o proxecto, o goberno local logrou a cesión de terreos polos propietarios afectados. Deste xeito, non só se mellorará a convivencia de vehículos e peóns, garantindo maior seguridade vial, senón que se facilitará o acceso ao barrio de camións e autobuses. Así, o Concello de Vilagarcía declara que tamén se realizará a substitución e mellora das redes de saneamento de augas residuais e pluviais.